lunes, 26 de diciembre de 2016


V Certame de Corais


V CERTAME GALEGO DE CORAIS VILA DE ARBO.
O Concello de Arbo no seu interese por apoiar a cultura musical polifónica coral, organiza o V Certame  de corais “Vila de Arbo” que terá lugar o día 14 de Maio do 2017 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.
Poderán participar todas as agrupacións corais que sexan da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou semiprofesional de musica,  cun mínimo de vinte compoñentes , sen ningún tipo de  acompañamento musical (soamente a capela). Si se incumprise esta base o grupo quedaría fóra do concurso.
 Participarán un máximo de 7 agrupacións corais.  As corais participantes serán seleccionadas polo Comité de Organización do V Certame Galego de Corais Vila de Arbo.
O xurado estará composto por personalidades do mundo da música que avaliarán os seguintes puntos: Afinación, técnica, interpretación e sonoridade. O presidente será o Ilmo. Sr. Alcalde de Arbo ou concelleiro en quen delegue con voz pero sen voto.
O prazo de inscrición   rematará o 17 de Febreiro de 2017 ás 15.00 h. Para inscribirse as agrupacións interesadas enviarán a instancia en modelo que figura en Anexo a estas bases solicitando a súa inclusión no Certame e a documentación sinalada na Cláusula Terceira.
Durante o período de inscrición estará no concello de Arbo  a dispor das agrupacións a obra obrigada para as corais que  a soliciten poder enviarlla o seu enderezo.
A obra obrigada nesta edición no  concurso e a seguinte; MORRIÑA. Autor José Fernández Vide. (Versión 4 v.m.)Salgado Valdés.
O fallo do xurado emitirase ao final da actuación das corais participantes  sendo así os seguintes premios:
1º PREMIO SEGUNDO GIL DAVILA...........800 euros máis diploma acreditativo.
2º PREMIO .............................................  400 euros máis diploma acreditativo.
3º PREMIO................................................200 euros máis diploma acreditativo. 
PREMIO CONCELLO DE ARBO OBRA DE CONCURSO: 100 euros máis diploma acreditativo.                                                                                                                                                         
Diploma de participación para o resto das corais.

descargar bases,obra obligada y solicitud.






No hay comentarios: